Friday 03 de May de 2024

Éxito da III Festa Fin de Curso das Actividades Deportivas do Concello de Boqueixón


O pavillón polideportivo de O Forte acolleu a III Festa Fin de Curso das Actividades Deportivas do Concello de Boqueixón. Unha tarde chea de inchables, xogos e exhibicións que fixeron as delicias de cativada e familiares.

O alcalde boqueixanés, Manuel Fernández Munín, encargouse de presidir a entrega de diplomas as crianzas participantes nas distintas modalidades das Escolas Deportivas municipais. O rexedor en funcións salientou “a importancia do deporte e dos seus valores educativos no proceso formativo das nenas e nenos, sendo unha prioridade do Concello a oferta deste tipo de propostas”.

A tamén denominada Festa do Deporte contou con exhibicións de diferentes disciplinas durante toda a tarde: iudo, patinaxe, zumba kids e multideporte. Unhas actividades que se complementaron coa exposición das creacións do alumnado do curso de manualidades, unha masterclass de zumba e unha gran festa da espuma final.